Teatro para todas as idades na Pobra

A Concelleira de cultura da Pobra, Patricia Lojo e a técnico de cultura Fita Sanisidro, presentaron esta mañá a recta final da programación da rede cultural de teatro. Durante os meses de novembro e decembro ofrecenrase varias representacións teatrais, por unha banda os domingos, para maiores de 16 anos, e durante do período do Nadal para familias e nenos.