Paco Casal exporá “momentos” no centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

Paco Casal inaugura no Centro cultural Lustres Rivas a mostra Momentos,composta por trinta obras variadas en canto a técnica e formato tales como acrílicos ou gravados sobre linóleo, gravados 3D sobre papel artesanal ou gravados ao ácido ou en talla pvc ademais de barrís ou toneis con pintura sintética e esmaltes para exterior, moitas delas seleccionadas ou premiadas en certames como a Bienal José Luis Fernández, Certame Internacional de Gravado Fundación Pedro Vivanco da Rioxa ou no Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes.

more recommended stories