Boiro estrea este fin de semana a V edición da ruta de tapas “ +que tapas”

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte ven de presentar no Concello de Boiro a V edición da ruta de tapas “Arousa Norte + que tapas”. Un evento gastronómico no que participan establecementos hostaleiros dos concellos de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.