O paro medra este mes no Barbanza

Galicia segue reducindo o paro a nivel anual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo con respecto a outubro de 2018. De feito, posiciónase como a sexta Comunidade na que máis se reduce o paro en termos absolutos.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos na visita que realizou en Ames á empresa OpSeeker Tech, onde salientou que a cifra de desempregados (164.307) sitúa Galicia a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Na evolución mensual, o desemprego seguiu a tendencia do resto do Estado e medrou un 4,66% con respecto ao mes de setembro.