Unha charla e unha función contacontos ofrecidas pola escritora Eva Mejuto en Ribeira indagará sobre a desigualdade de xénero

Este sábado 9 de novembro o Centro Cultural Lustres Rivas vai albergar unha dobre actividade promovida en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, que se enmarca dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.