O prazo para optar ás bonificacións do 95% do IBI ás explotacións agrarias e gandeiras de Lousame estará aberto ata o 19 de novembro

Os veciños e veciñas interesados/as en optar a esta bonificación deberán presentar no Concello de Lousame o certificado de Facenda no que conste a súa situación censual, acreditación da titularidade catastral do inmoble, certificado de non ter débedas coa Seguridade Social nin con Facenda e xustificante do recoñecemento de explotación ou licenza de actividade