O Pleno de Lousame aproba participar nunha subvención de máis de 925.000 euros do IDAE para aforro enerxético do alumeado público

O Concello de Lousame celebrou na noite de onte unha sesión extraordinaria e urxente para aceptar a subvención do proxecto “Aforro enerxético nos alumeados públicos do Concello de Lousame. Un proxecto orzamentado en 927.271,4 euros, dos que o IDAE financia o 80% grazas a fondos FEDER, que foi aprobado por unanimidade dos tres grupos municipais.