Medio ambiente asesorará ao concello de Lousame na tramitación para a declaración do parque San Lourenzo como un espazo natural interese local

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asesorará ao Concello de Lousame na tramitación necesaria para poder declarar como Espazo Natural de Interese Local (Enil) o Parque de San Lourenzo, situado na parroquia de Tállara. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou esta colaboración á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, coa que mantivo unha reunión de traballo, para coñecer as demandas deste municipio da provincia da Coruña en materia de equipamentos urbanos.