Feijóo anima a seguir traballando da man das entidades sociais para acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade

Durante a clausura do XV Congreso de Cermis Autonómicos, Feijóo enxalzou o labor das entidades que forman o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, “fundamental para disolver pouco a pouco unhas barreiras que antes parecían infranqueables: as que separan ás persoas con discapacidade da plena inclusión social”, aseverou, ao tempo que incidiu en que nese camiño a Xunta será sempre un aliado.

Feijóo destacou que Galicia é a Comunidade Autónoma que máis aposta polas prestacións públicas de asistencia persoal ao incrementar este ano a contía máxima un 15%, ata chegar aos 1700 euros ao mes.

more recommended stories