A Xunta convida aos comerciantes da comarca do Barbanza a sumarse á nova rede de comercios e mercados no camiño

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe en Ribeira da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa á que convidou ao unirse aos comerciantes da comarca do Barbanza e que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade dos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos.