Melloras en seguridade no polígono de Espiñeira

No marco das reunións que o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, ven mantendo cos responsables dos distintos departamentos da Xunta, esta semana reuniuse co Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para abordar novas vías de colaboración entre o Concello e a Xunta orientadas á dinamización económica do municipio.