Ribeira acollerá a entrega do XLV Premio Modesto R. Figueiredo, referente da literatura galega contemporánea

O Concello de Ribeira colabora coa Fundación do Padroado Pedrón de Ouro na organización da XLV edición do certame galego de narracións breves “Premio Modesto R. Figueiredo”: un dos máis prestixiosos concursos da literatura galega contemporánea con gañadores da talla de Xosé Luis Méndez Ferrín, Xavier Alcalá, Víctor Freixanes, Miguel Anxo Fernán Vello, Tucho Calvo, Margarita Ledo, Rosa Aneiros, Carlos G. Reigosa, Inma López Silva, Antón Riveiro Coello ou Esther F. Carrodeguas, entre moitos outros.