Unhas 3000 persoas camiñarán pola loita contra o cancro o vindeiro domingo en Boiro

Este domingo celébrase en Boiro a III edición da Andaina Solidaria contra o cancro que promove o equipo de Cimadevila Salud xunto coa colaboración do Concello de Boiro e outras entidades locais. As inscricións superaban as 2.900 persoas, procedentes de Boiro e de outros municipios da contorna.