A parella de Ribeira, acusada de manter relacións sexuais ante a filla menor da muller, foi xuzgada na Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago.

A Fiscalía pide para ambos unha pena de prisión de seis anos e medio e mañá continuará a segunda sesión. A vista estase a celebrar a porta pechada e segundo explica o fiscal, os acusados levaron a vivir con eles á filla menor dun deles durante un ano, un período durante o cal ambos obrigaban habitualmente á nena a visionar películas de contido pornográfico