Ríos de auga correron polas rúas do Barbanza co temporal

Galicia amenceu hoxe baixo unha profunda borrasca, con alerta laranxa por vento suroeste e alerta amarela por chuvia en boa parte do litoral. Esta mañá boa parte da flota quedou amarrada a porto ante as inclemencias do tempo, non foi mellor a situación en terra, onde se produciron varias incidencias.