Nos Pobra e Psoe convidan ao BNG a retomar o diálogo

Nos Pobra non vai revocar o pleno extraordinario no que lograron aprobar a dedicación exclusiva para a concelleira de servizos municipais e o posto de persoal eventual, así o afirmou hoxe o alcalde Xosé Lois Piñeiro, que xunto ao resto de membros do equipo de goberno falou sobre a situación actual nunha rolda de prensa.