A ABE ven de presentar formalmente a súa adhesión á recentemente creada REDE DE COMERCIOS E MERCADOS DO CAMIÑO

A ABE optou pola vía de integración total dos seus comerciantes NA REDE DE COMERCIOS E MERCADOS DO CAMIÑO, polo que todos os comercios asociados que cumpran as características que marcan a orde forman parte xa desta enorme rede galega dos comercios do camiño.