A Xunta mantén como prioridade incrementar o recoñecemento social, económico e institucional das mulleres do rural

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller Rural, a importancia da actividade das mulleres no rural galego como motor para evitar o despoboamento e para o crecemento dos seus concellos. Por iso, incidiu en que o Goberno galego ten como prioridade incrementar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres rurais.

Alfonso Rueda clausurou hoxe a xornada “A importancia da muller no mundo rural”, organizada pola Asociación Amigos do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño-Rías Baixas en Cambados.

more recommended stories