O Concello de Lousame vén de cambiar os xogos do parque infantil de Vilacova, continuando así co seu plan de mellora de parques infantís no municipio

O parque infantil de Vilacova conta con dous xogos de muelle, un individual con forma de animal e outro dobre, un tobogán, unha casiña de xogos e un columpio de dúas prazas. O parque conta con peche perimetral, bancos para os adultos e un chan de herba natural.