O conselleiro de Facenda trasladou a sindicatos e empresarios as liñas xerais dos Orzamentos da Xunta para 2020

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, trasladou hoxe aos representantes empresariais e sindicais que os Orzamentos da Xunta para 2020 volverán elevar o investimento público e, ao mesmo tempo, incluirán unha suba salarial a todos os empregados públicos da Comunidade Autónoma.

O titular de Facenda mantivo hoxe en Santiago senllas reunións coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e coas organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT. Estas reunións, como todos os anos, teñen por obxecto a presentación das liñas xerais do proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónomas para o exercicio 2020, que a Xunta prevé aprobar antes do 20 de outubro, como marca a normativa autonómica.

more recommended stories