Os usuarios da área sanitiaria de Santiago comezarán a recibir avisos sanitarios a través de sms dende hoxe

A Xerencia de xestión Integrada de Santiago activará a partir de hoxe o sistema para enviar notificacións vía SMS aos teléfonos móbiles dos usuarios de toda a área. A EOXI de Santiago ten máis de 307.00 cidadáns identificados para subscribirse.

Inicialmente, os cidadáns recibirán unha mensaxe no seu móbil no que se lles explicará que, a partir dese momento e se os datos de identificación son correctos, notificaráselles, por SMS, recordatorios das súas citas cos facultativos especialistas nas consultas dos hospitais. Nas devanditas mensaxes tamén se farán chegar alertas sanitarias concretas ou determinadas campañas sanitarias como a da vacinación da gripe. O obxectivo desta medida é incrementar o contacto coa cidadanía a través das tecnoloxías dixitais, cunha información cada vez máis personalizada a fin de conseguir unha maior eficiencia na atención asistencial e unha menor molestia para o usuario.