O Coliseo Noela acollerá este venres a preestrea do primeiro capítulo do programa “Anacos de Vida”

“Anacos de Vida” é un programa de televisión de Arraianos Producións para a CRTVG centrado na recuperación da memoria gráfica e oral. Ideado e dirixido por Aser Álvarez e Arraianos Producións, o equipo percorre diferentes vilas e aldeas de Galicia a bordo dunha máquina do tempopara descubrir pequenas e grandes historias que se agochan tras das fotos antigas dos arquivos familiares.