Iníciase en Galicia a campaña de vacinación fronte á gripe

A campaña de vacinación da gripe 2019 comezou esta mañá en Galicia, nesta primeira xornada foron moitos os pacientes que decidiron vacinarse para estar preparados ante o virus que cada inverno afecta a milleiros de persoas. En total, Sanidade adquiriu 615.000 doses de vacinas antigripais (7.000 máis que en 2018), e destinou un orzamento de 3.466.632 €, 1.283.412 € máis que no ano 2018, o que supón un incremento de preto do 59%.