A policía local de Rianxo interceptou este fin de semana a un boirense que quintuplicaba a taxa de alcoholemia

Nas probas de alcoholemia que se lle realizaron deu resultados de 1,32 e 1,33 mg/l de alcohol en aire expirado, polo que quintuplicaba a taxa de alcoholemia permitida. Ademais o sábado os axentes de Rianxo procederon á investigación do condutor dun vehículo por un delito contra a seguridade do tráfico por condución temeraria.