Medio ambiente elixe Porto do Son como concello litoral modelo para a integración da guía de estudos da paisaxe urbana no seu desenvolvemento

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de apostar por Porto do Son como concello litoral modelo para a integración do contido da Guía de Estudos da Paisaxe Urbana no seus posibles e futuros desenvolvementos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración para a posta en valor da Guía de estudos da Paisaxe Urbana, o sétimo traballo destas características que forma parte da Colección Paisaxe Galega. Ángeles Vázquez felicitou ao alcalde e ao equipo de Goberno por dar un paso adiante no compromiso de aplicar o contido desta ferramenta ás posibles iniciativas e futuros desenvolvementos que se leven a cabo no termo municipal e que teñen influencia no territorio.

more recommended stories