Unha liña de axudas para a compra de libros ou a ampliación e a mellora do ximnasio da piscina foron algúns temas tratados no pleno de Boiro

A moción do grupo municipal de Boiro Novo/ Grupo Mixto para o establecemento dunha liña de axudas para a compra de libros e material escolar e o aumento de prazas con dereito a axudas nos comedores escolares, foi un dos puntos tratados, probada por 10 votos a favor, 5 en contra e 1 abstención.