O Concello de Boiro recupera un programa interno para xestionar incidencias de maneira máis rápida e efectiva

O Concello de Boiro recupera o uso dun programa de incidencias que permita xestionar de maneira sinxela e directa, cos propios operarios, as demandas dos cidadáns. Dende a mesma portería da Casa Consistorial ou por correo electrónico pódense tramitar as incidencias e prevese que todas elas se resolvan no menor tempo posible, nun prazo de como máximo tres días hábiles.