O Concello de Noia trasládalle as necesidades de melloras nos centros educativos do municipio ao xefe territorial de Educación

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Ensino, Mariola López Cierto, mantiveron unha reunión en Santiago co xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a provincia da Coruña, Indalecio Cabana Leira.

Un encontro no que os representantes do consistorio noiés aproveitaron para trasladarlle as necesidades dos distintos centros educativos da vila, así como para informar da boa marcha dos traballos de construción dunha pasarela entre o CEIP Felipe de Castro e o polideportivo de Bergondo, financiados pola Xunta.

more recommended stories