Os partidos políticos de Boiro poderán dispoñer dun local na casa consistorial

Tal e como recollía o PSOE no seu programa electoral, os partidos políticos de Boiro contarán cun local na casa consistorial, dando resposta a unha vella demanda das formacións de este municipio. O alcalde de Boiro José Ramón Romero explicou que se dispón de tres locais na casa consistorial, un dos cales mesmo podería dividirse en dous de ser necesario.