A Deputación adxudica por 326.419 euros as obras de renovación do firme de novos tramos DP 7103, entre Porto do Son e Ribeira e a DP 3301 de Rianxo a Bexo por Isorna

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a sinatura dos contratos para a execución das obras de renovación e mellora do firme de novos tramos das estradas provinciais DP-7103 de Laranga o Olveira por Seráns, entre Porto do Son e Ribeira, e DP 3301 de Rianxo a Bexo por Isorna, entre os concellos de Rianxo e Dodro.

Ambas adxudiacións suman un investimento de 326.419 euros para continuar as obras de mellora do firme destes viais provinciais.
As obras desta nova fase de mellora do firme da DP 7103 foron adxudicadas por 187.810 euros á empresa Leonardo Miguélez, terán unha duración estimada de catro meses .

more recommended stories