Victoriano García Martí será homenaxeado na Pobra do Caramiñal ao longo deste mes de outubro co primeiro ciclo que leva o seu nome

Os actos na súa honra comezarán este mesmo venres cunha ofrenda floral ademais de contar cunha lectura pública dun escrito seu relacionado coa vila. O rexedor pobrense sinalouque Victoriano García era un adiantado ao seu tempo debido aos escritos realizados e é un orgullo que se trate dun escritor da Pobra do Caramiñal.