Cerqueiros Galegos achaca a caida de prezos do xurelo ao comportamento da flota galega

Tralas queixas de Acerga relacionadas coa presenza de barcos vascos en Galicia, e aos que responsabilizaban da baixada de prezos do xurelo, e da saturación do mercado, pola pesca de esta especie en grades cantidades, Cerqueiros Galegos emitiu un comunicado para criticar as prácticas de barcos pertencentes a Acerga, que segundo explican non so pescan todo o ano xurelo, senón que non respetan as cantidades de 750 kl por tripulante impostas por dita asociación.