O concello de Ribeira denuncia o roubo de táboas no paseo de Pinisqueira

O Concello de Ribeira denuncia o roubo de numerosas táboas de madeira pertencentes ao paseo que se atopa na zona de Pinisqueira, en Aguiño.

Dito paseo, que foi renovado recentemente pola Demarcación de Costas en Galicia, comezou a aparecer fai un par de días con ausencia de táboas. Unha vez recibida a denuncia por parte dunha usuaria do paseo, empregados municipais se achegaron a constatar o sucedido.

A partir de agora, reforzarase a presenza policial no entorno, co fin de evitar que se sigan cometendo roubos nun paseo con tanta afluencia. Por parte da brigada municipal procederase a repoñer as táboas subtraídas

more recommended stories