Tres clubs náuticos da comarca xa contan coa certificación Galicia Calidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Galicia Calidade, concedeu a licenza de uso da súa marca de garantía ás instalacións náutico deportivas do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz, Real Club Náutico de Portosín e o Club Náutico Deportivo de Ribeira entre outros.

Estes 3 clubs náuticos únense así a marca de garantía galega qie avala deste xeito a calidade das instalacións náutico deportivas de Galicia, que lidera o número de náuticos con Q de Calidade Turística de España, con seis de cada dez instalacións certificadas