O sector do mar fará un frente común ao vertidos

A preocupación polos episodios de vertidos a ría de Arousa foi evidente esta mañá en Rianxo, onde se reuniron varios representantes de entidades afectadas por estas verteduras.
Durante a xuntanza os distintos representantes das organizacións e o alcalde de Rianxo analizaron a situación que se está a producir na ría, con contínuos episodios de vertidos dos que xa se deu parte en varias ocasións á autoridade pertinente.