Os comerciantes galegos poden sumarse ata o 8 de novembro á nova rede de comercios e mercados no camiño

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG), a convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos.

Poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro.

more recommended stories