Máis de 350 persoas participaron en Lousame na ruta teatralizada “Camiño do mercado”

Máis de 350 persoas, entre artistas e sendeiristas, participaron na quinta edición da ruta teatralizada “Camiño do Mercado”, organizada polo Concello de Lousame e a asociación cultural e deportiva Senda XXI. O tempo acompañou, o que fixo que as máis de 250 persoas anotadas se presentaran ás 10:00 horas na pista polideportiva do Sanguiñal, parroquia de Tállara para afrontaren os pouco máis de cinco quilómetros de ruta polas aldeas do Sanguiñal, de Marracín de Arriba, Figueiroa, San Roquiño, Pousada e Carantoña