Reubicación do mercadillo de Boiro e novas prazas de aparcamento gratuíto

O Mercadillo de Boiro será reubicado na Avenida da Constitución coa finalidade de revitalizalo e axudar a dinamización da economia local. Falamos co alcalde José Ramón Romero, que xunto ao seu equipo tomou esta decisión logo de comprobar como ano tras ano vai perdendo empuxe, e van mermando os diferentes postos que ali concurrian cada martes. Actualmente hai 70 postos neste mercadillo semanal.