A rapazada de Outes achégase á lingua galega a través da natureza

Desde hoxe e até mediados de novembro, a rapazada de 8 a 12 anos do Concello de Outes, participará en diversas conferencias e obradoiros prácticos nos que mellorará o manexo da lingua galega mediante o coñecemento da natureza e da fauna.