Os 5 obradoiros de emprego da comarca do Barbanza formarán a 82 alumnos cunha achega da Xunta de Galicia de 1,2 millóns de euros

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou, esta mañá no acto de apertura do Obradoiro de Emprego Xuvenil de Muros, compartido con Carnota, no que 8 alumnos se formarán en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e outros 8 en operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.