O Concello de Muros celebra esta noite unha sesión plenaria na que se debaten importantes asuntos para os cidadáns

Entre os puntos do Pleno destacan 2 suplementos de crédito, un para amortizar o préstamo e outro para o pago de facturas. Duas liñas de gran importancia que de ser aprobadas posibilitarán ao concello de Muros a posta ao día para a elaboración dos orzamentos, e rematar así cos orzamentos prorrogados dende o 2015.