Milleiros de persoas participaron onte na Pobra na procesión das mortallas do Divino Nazareno.

Milleiros de persoas asistiron onte na Pobra á celebración do Nazareno. Dende primeira hora da mañá os devotos, chegados dende todos os puntos de Galicia e tamén de fora da comunidade, agardaban a procesión nas inmediacións da igrexa de Santiago do Dean para acompañar o santo na popular procesión das mortallas, declarada de interese turístico de Galicia.