Ata o 26 de setembro para anotarse na XXII Carreira Popular de Santa Uxía

A Carreira Popular de Santa Uxía celebrará o vindeiro sábado 28 de setembro a XXII Carreira Popular de Santa Uxía: unha consolidada cita que forma parte do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación e do IV Circuíto de Carreiras Arousa Norte que, unha vez máis, contará cunha distancia de 10.000 metros na súa modalidade absoluta.