A Xunta busca coas partes implicadas unha solución satisfactoria ás posibilidades operativas no porto da Pobra

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, explicou hoxe no Parlamento que o seu departamento está a manter contactos coas partes implicadas para buscar unha solución satisfactoria ao proxecto para a instalación dunha zona de depósito de contedores para o almacenamento de produtos pesqueiros no peirao da Pobra do Caramiñal.