Román Rodríguez anuncia un plan de 7M€ para a ampliación e mellora da rede pública de albergues de cara ao xacobeo 21

A Xunta de Galicia destinará máis de 7 millóns de euros á ampliación e mellora da rede pública de albergues de cara ao próximo Xacobeo 21.

Así o avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, durante a súa comparecencia a petición propia no Parlamento, na que explicou que este Plan de Albergues, un dos compromisos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, será abordado este xoves na reunión semanal do Consello da Xunta.
O titular de Cultura e Turismo lembrou que, na actualidade, a rede pública da Xunta conta con 70 establecementos que ofrecen máis de 3.200 prazas ao longo de 1.500 quilómetros nos diferentes Camiños.

more recommended stories