Santiago Freire mantivo un novo encontro co director xeral de Emerxencias para ver de incorporar Noia ao mapa de emerxencias da Xunta

Tras a reunión, Freire Abeijón explica que “temos boas expectativas de que Noia poderá formar parte dese mapa de emerxencias de Galicia, pero a súa constitución está pendente dunha reunión entre Xunta, Fegamp e Deputacións que aínda non está convocada”.