A XUNTA INVESTIRÁ MÁIS DE 730.000 EUROS EN DIFERENTES ACTUACIÓNS PAISAXÍSTICAS, MEDIOAMBIENTAIS E DE MELLORA DE EQUIPAMENTOS NOS CONCELLOS DA COMARCA DO BARBANZA

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro informou da resolución das ordes de Axudas que repartirán máis de 737MIL euros en 10 concellos da comarca do Barbanza. En total, 74 municipios da provincia da Coruña recibirán máis de 3,7 millóns de euros con cargo a estas ordes de subvencións.

O delegado territorial visitou, esta mañá, o concello de Carnota no que a Xunta investirá máis de 60.000 euros con cargo a este fondos. Grazas a esta achega levarase a cabo a adquisición de 78 soportes para contedores de lixo e 95 novas luminarias. Ademais, o municipio conta cunha brigada para levar a cabo actuacións de mantemento e mellora medioambiental. .
O investimento total repártese entre Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Serra de Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Mellora da rede de abastecemento de auga potable Rianxo, Noia, Ribeira , Instalación da liña de saneamento de Ameixida e entre a Mancomunidade de Serra do Barbanza, tendo en conta criterios obxectivos por ter no seu territorio municipal un parque eólico ou por estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.
Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.