Centos de veciños e veciñas encheron a alameda noiesa na masterclass de zumba

Centos de veciños e veciñas de Noia participaron na masterclass de zumba organizada polo Concello de Noia, en colaboración con Zumba Noia, que tivo lugar na tarde/noite de onte domingo na alameda. Durante hora e media, veciños e veciñas de todas as idades e condicións físicas desfrutaron da música e do baile proposto dende o escenario instalado diante da Casa do Concello.