O Goberno de Outes propón actuacións no paseo da Ponte e a humanización da rúa da Capela na Serra

O grupo de goberno de Outes presentará unha proposta ao pleno para realizar novas actuacións en materia de obras por valor de 282.512 €, financiadas a través do Plan de Obras e Servizos Plus Adicional da Deputación da Coruña (POS+2019 Adicional).