14 empresas presentaron ofertas para a remodelación da fachada marítima de Porto do Son

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe o peirao de Porto do Son para comprobar o resultado das obras de mellora das zonas de atraque, que supuxeron a instalación de dous novos pantaláns con 50 prazas para barcos pesqueiros de grandes dimensións.

As actuacións, que contaron cun investimento de preto de 500.000 euros, pretenden ofrecer espazo de amarre a 49 barcos de entre 6 e 16 metros de eslora e unha praza máis para a embarcación de salvamento marítimo.